Este ano académico 2017-2018 celebraremos o 40 aniversario do inicio dos estudos universitarios oficiais de Informática en España. Xa foron 40 anos de crecemento e de consolidación dunha nova profesión, a da enxeñaría en informática, que é un dos principais actores da revolución social, industrial e económica que está a facer a dixitalización. Celebramos por tanto 40 anos de formación universitaria dos profesionais que están a protagonizar esta mudanza no presente e futuro dixital. Celebramos alén diso que este desafio é afrontado desde a madurez plena dos estudos e da profesión que confiren estes 40 anos.
A Conferencia de Directores/as e Decanos/as de Enxeñaría en Informática (CODDII), representando os principais actores implicados na educación universitaria de informática en España e en colaboración con representantes salientábeis da empresa e da profesión, quer celebrar este fito histórico cun acto conmemorativo inserido na súa Asemblea Xeral anual, a ser celebrado este ano en Donostia - San Sebastián. Convidámoste a te unir a esta celebración da man da academia, a empresa e a profesión.
Aínda que a inclusión de materias específicas de informática en titulacións universitarias como Físicas, Matemáticas, Empresariais e algunhas enxeñarías comezan no ano 1965 e seguintes, e mesmo se introducen especialidades como "Cálculo Automático" nalgunhas desas titulacións, é só a comezos do ano 1969 cando se produciu un fito moi salientábel en informática coa creación, con sede en Madrid, do Instituto de Informática, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia, o que tornou oficial finalmente o ensino no campo da Informática (Decreto 554/69). Posteriormente, en 1971 e 1972 creanse en San Sebastián e en Barcelona respectivamente, ambos centros delegados do Instituto de Informática, o último con sede na Universidade Autónoma de Barcelona.
Non entanto, as orixes dos estudios universitarios oficiais de Informática en España comezan no ano 1976, cando por Decreto 593/76, de 4 de marzo, son creadas no estado español as primeiras Facultades de Informática nas Universidades Politécnicas de Madrid (UPM) e Barcelona (UPC) e na Universidade de Valladolid, esta última con sede en San Sebastián (actualmente Universidade do País Vasco, UPV/EHU). Dándose así cumprimento ó establecido no Decreto 327/76, de 26 de febreiro, sobre estudios de Informática, polo que se procedía á estruturación dos ensinos de Informática dentro do sistema educativo español, creándose a nivel de Educación universitaria as Licenciaturas en Informática, para seren ensinadas nas Facultades correspondentes. É a partir do curso académico 1977-1978 cando se aproban os respectivos Plans de estudios e póñense en marcha estas Licenciaturas, primeiro neses tres centros decanos que agora conmemoran o seu 40 aniversario e, devagariño, no resto do país. Nese mesmo ano 1976, a Escola de Informática de Deusto foi erixida canónicamente Facultade de Informática e obtivo o recoñecemento oficial como tal en 1979.
Con posteridade, os estudios de Licenciatura en Informática foron sustituidos polos de Enxeñaría en Informática (Decreto 1459/1990), cos que quedaron de feito homologados en 1994 (Decreto 1954/1994). Finalmente, as enxeñarías deron lugar ás actuais titulacións de Grado e Máster (RD 1393/2007) co fin de armonizar os sistemas universitarios europeos, no marco do proceso de construcción do Espacio Europeo de Educación Superior.
É por iso que a CODDII celebra este ano a consolidación e madurez destes estudios e da profesión de enxeñaría en informática, complementando así os actos conmemorativos que se están a realizar nos propios centros.
Acto de celebración do 40 aniversario |
|
---|---|
Asamblea Xeral anual da CODDII |
|
---|---|
Palestra académica
Mesa redonda de empresas
Conferencia tecnolóxica
O principal acto do evento de conmemoración do 40 aniversario dos estudos informáticos de Informático en España será no "Cubo Pequeño", Sala de Cámara, do CENTRO KURSAAL ELKARGUNEA, Donostia, San Sebastián.
Obra do arquitecto Rafael Moneo que deseñou dous cubos de vidro translúcido como "duas rochas encalladas" na praia na beira do mar.
Platinum
Se tiver interese asistir ao evento de celebración do 40 aniversario do día 2 de Novembro, terá de se inscribir a través do seguinte formulario:
Isto non inclúe o acceso á cea de gala, que será só por convite